Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2023. Cegasal acordou con ILUNION a súa participación nas accións formativas sobre habilidades dixitais, impulsadas por FUNDAE para eliminar a fenda dixital entre os seus traballadores/socios/cooperativistas.
A área de Formación de ILUNION e FUNDAE impartirán ata xuño de 2025 un total de 7 accións formativas en habilidades dixitais. Estarán dirixidas prioritariamente a traballadores de empresas e entidades do sector da Economía Social, co obxectivo de eliminar a fenda dixital detectada neste ámbito.
A base do proxecto son 7 accións formativas, de 4 horas de duración, elaboradas especialmente para o sector, sobre competencias dixitais en diferentes áreas: Ciberseguridade, Traballo colaborativo con ferramentas na nube, Mellora da produtividade con Microsoft 365, Problemas técnicos sinxelos nos dispositivos informáticos, Elaboración de contidos dixitais, Trámites coa Administración Pública mediante a firma dixital, e Tendencias actuais e futuras no uso de tecnoloxías dixitais.
Estes cursos impartiranse de forma online e poderanse realizar con ou sen titor. Os contidos deseñáronse de forma moi práctica e sinxela, e son accesibles para persoas con discapacidade sensorial (certificación dobre A). Os traballadores que os inicien, e centrándose na aprendizaxe efectiva, poderán realizar a avaliación final as veces que necesiten ata que superen a materia, sen ningunha penalización.
Para Joaquín Leizaola, director xeral da área de Formación de ILUNION, “estes cursos pretenden impulsar a capacitación das persoas que traballan na Economía Social do noso país e así facilitar a actualización e competitividade dun sector moi importante, que emprega a máis de 2 millóns de españois en máis de 43.000 entidades e empresas”, dixo.